sábado, 25 de mayo de 2013

Cronica

Despois de un sábado no que parecía que ia a caer o mundo pola cantidade de tronos,auga e incluso granizo,todo apuntaba a que a ruta do domingo en Santa Eulalia de Oscos ia a estar pasada por auga.

O que ninguén sabe e que “Paso Miúdo” ademais de contratar a comida nos restaurantes tamén contrata o tempo, por iso o longo de toda a ruta non só non choveu senón que incluso quentou o sol.

Saímos de Ferreira a hora sinalada en este caso, debido a pouca asistencia, nunha furgoneta de 9 prazas, parada en Vegadeo a desayunar e a coller pan, pois esta ruta tocaba comida campestre.

Polas 10 da maña comezámola ruta en Millarado, logo de pasar por Vega del Carro chegamos a O Forcón dos Ríos (unión de ríos) que por certo debido a chuvia do día antes daba xenio velo.

Despois de As Casias chegamos a A Valia onde Inma e Mª Carmen viron un “fantasma” que resultou ser un vello oriúndo do lugar, comentaba Inma que o vello lles contou como matara a os veciños, aínda que logo nos comentou que era broma.

San Julian, Caraduxe, As Talladas, Ferreira e por fin As Barreiras onde nos recolleu o autobús para ir ata a área recreativa de Pumares en Sta Eulalia onde degustamos as nosas viandas, café en Casa Pedro onde a mais de un lles apeteceu as ofertas que tiña para os fins de semana.

Polas 6 chegamos a Ferreira, quedando xa para a próxima que será no II Encontro Lucus a Pé (Lugo)

Angel Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario